miércoles, 30 de mayo de 2018

BIBLIOTECAS INCLUSIVAS

O alumnado da Clase Específica elaborou material con pictogramas estudando o Camiño de Santiago, tamén manualidades. Todo sobre os animais do Camiño:




viernes, 25 de mayo de 2018

TEATREIR@S


As profesoras de teatro das extraescolares agasalláronnos cunha pequena representación, con Mª Victoria Moreno de protagonista e o alumnado co que traballaron ao longo do curso. Unha boa maneira de dar a coñecer a esta escritora aos máis pequenos.

lunes, 21 de mayo de 2018

LIMOS CONTOS DE Mª VICTORIA

No xardín da biblioteca tamén nos mergullamos en Mª Victoria Moreno escoitando á profe lendo "O Cataventos"

domingo, 20 de mayo de 2018

INVESTIGANDO SOBRE Mª VICTORIA NA BIBLIOTECA

Investigamos sobre Mª Victoria Moreno na biblioteca cunha xincana moi divertida: en grupos de tres (entre o alumnado de 3º e 4º de Primaria) tiñan que resolver todas estas preguntas:



 
 

lunes, 14 de mayo de 2018

CONTACONTOS

Hoxe visitounos Olga Cuervo, unha contacontos asturiana que levabamos esperando dende o Día do Libro. O seu conto foi precisamente para demostrar a importancia dos libros e as bibliotecas. O alumnado de Infantil e Primaria disfrutou dunha artista difícil de esquecer. Ela tamén se levou uns bos aplausos pola nosa parte. Esperamos que volte pronto!

 

miércoles, 9 de mayo de 2018

BIBLIOTECAS SOLIDARIAS


O día 9 de maio foi o elexido para levar a cabo a nosa saída fóra do centro e ir a lerlle aos máis pequenos da gardería Galiña Azul máis próxima, en Gustei.
Todos o alumnado  voluntario das Bibliotecas Solidarias preparou os seus libros con ensaios durante os recreos e as horas de ler. Tamén se prepararon agasallos para os cativo@s e material de apoio para os contacontos. Unha gran experiencia para tod@s!
 

martes, 8 de mayo de 2018

CLUB DE LECTURA DE 5º A DE PRIMARIA


Os alumnos e alumnas de 5º A de Educación Primaria leron o libro "El increíble viaje del cero".Ao igual que no libro foron superando diferentes retos matemáticos, cada un que acertaban recibían unha letra. A maioría conseguiu a palabra parabéns e unha alumna resolveu todos os retos, conseguindo ademais formar a palabra "estupendo".

martes, 1 de mayo de 2018

XORNADAS DE EDUCACIÓN VIAL

A nosa biblioteca serviu de lugar de encontro e medio de difusión dos dous días de xornadas de Educación Vial. Todo o alumnado de Infantil e Primaria foi pasando por aquí para recibir instrucións teóricas e visuais sobre o comportamento nas distintas ocasións en que eles poden estar implicados.
Máis tarde conduciron as súas bicis e patinetes nun circuíto montado para a ocasión no patio de xogos. E tiveron a oprtunidade de coñecer e montar nun helicóptero da DGT, nun  camión de bombeiros, nunha barca de rescate e nas motos da Garda Civil. Todo un espectáculo!