miércoles, 25 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO

BIBLIOBURRO




Este video foi elaborado para a ocasión por profesorado voluntario da Biblioteca, aproveitando un material pedido á ONG Save the Children. Despois do seu visionado na biblioteca elaboráronse marcapáxinas para conseguir fondos para esta organización que axuden a  conseguir alimentos, auga potable, sementes, médicos e escolas para nenos e nenas de Sudán.

 
 




lunes, 23 de abril de 2018

23 de ABRIL



Hoxe celebramos o Día do Libro con estas  actividades que se levarán a cabo durante a semana en curso:
Medicamento contra a ignorancia elborado polo equipo de biblioteca
Dentro unha pílula para recomendar un libro.

miércoles, 18 de abril de 2018

CHARLA NA NOSA BIBLIOTECA SOBRE A UNIVERSIDADE

Onte visitounos un membro da USC, Francisco Javier López González, coordinador do programa "A ponte entre o Ensino Medio e a USC" no campus de Lugo.
Este programa ten como obxectivo dar a coñecer a oferta académica ao potencial alumnado universitario, que non é outro que o noso alumnado actual.


PREPARANDO O DÍA DO LIBRO

Reunido o equipo da biblioteca decidimos presentar ao claustro e poñer en marcha as seguintes actividades:
-Continuación na ESO do Gran Libro de Aventuras de Faildiño, iniciado o curso pasado en Infantil e Primaria.
-Confeción dunha caixa de comprimidos de Lecturina Forte, medicamento contra a ignorancia, onde cada alumno e alumna recomendará un libro.
-Poñer en práctica unha campaña de Save the Children para coñecer os biblioburros nos paises menos denrolados. Contando contos na biblioteca, vendo o libro no ordenador e realizando actividades propostas na súa guía didáctica. A ONG agasallounos con marcapáxinas para todo o alumnado.

CLUBs DE LECTURA


Algúns dos traballos realizados polo alumnado dos diferentes clubs de lectura de Primaria.

miércoles, 11 de abril de 2018

PREPARANDO A VISITA Á GARDERÍA DO ALUMNADO SOLIDARIO

O alumnado solidario elexíu para a ocasión o conto na biblioteca. Agora deberán preparalo para a semana que vén , no espazo da biblioteca ensaiaremos estes contacontos, engadindo algún instrumento musical e alguna poesía recitada.
A visita que estaba programada para este trimestre está á espera de concretar co persoal de dita gardería.