lunes, 24 de diciembre de 2018

ALMANAQUE 2019

Creado a partires de fotografías de actividades da biblioteca no curso pasado:


viernes, 21 de diciembre de 2018

FELICITACIÓN DE NADAL


O APALPADOR

Un apalpador para xogar á entrada da biblioteca.
Este photo call foi elaborado polo equipo polo equipo de Infantil pero tamén lle gusta aos maiores.
O alumnado ideará tarxetas de Nadal para compartir e tamén escribirá a súa carta a este personaxe tan noso.

ACTIVIDADES DE NADAL

Entre moitas actividades típicas do Nadal destacaremos :
-Felicitación de outros e para outros colexios
-Un desexo, un fogar: un desexo metido nunha casiña de paxaro confecionada por cada alumn@
-Photo Call do Apalpador onde todos e todas pasaron para a súa fotografía
-Coordinado pola biblioteca e tamén dentro das bibliotecas solidarias, visita á Residencia de Maiores máis próxima onde agasallamos aos anciáns con panxoliñas, unha obra de teatro (creada para a ocasión) sobre a actividade do Apalpador na noite de fin de ano e... lectura de contos (do libro de Neira Vilas "Contos vellos para rapaces novos"). Unha experiencia para repetir!
-Visita do Apalpador que lle palpou a barriguiña aos máis pequen@





jueves, 13 de diciembre de 2018

TRABALLAMOS O QUE LEMOS

Na etapa de Infantil limos o libro "Te quiero casi siempre" de Anna Llenas e traballamos o respecto ás diferenzas e o valor da amizade. Logo o alumnado elaborou o seu propio conto:

 

martes, 11 de diciembre de 2018

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL

De todos os libros que mercamos neste trimestre recomendamos algúns pola súa temática e tamén por idades.


miércoles, 28 de noviembre de 2018

EXPOSICIÓN DE MANUALIDADES

Cos libros lidos na HORA DE LER  creamos manualidades na casa para expoñer máis tarde na Biblioteca e así animar a outro alumnado a ler eses mesmos libros. Tamén así os libros lidos quedan máis gravados na mente dos lectores e posteriores creadores.

"La mosca de la tele"
"O coche de carreiras"

lunes, 26 de noviembre de 2018

VIOLENCIA DE XÉNERO

Escoitamos a música de Rosalía, unha catante actual moi implicada nos dereitos da muller e a loita contra a violencia de xénero. Pero sobre todo traballamos coas letras do seu  disco "El malquerer".

Este está baseado nun libro do século XIV titulado "Flamenca".
Finalmente expoñemos o noso traballo nun lugar ben visible.



miércoles, 21 de noviembre de 2018

DÍA DOS DEREITOS DO NEN@

Celebramos este día dando a coñecer estes dereitos con vídeos e libros, despois traballámolos cunha xincana por diferentes instalacións do centro (o dereito á educación estivo na biblioteca) atopándoos con pequena pistas previas.
Finalmente confecionamos un mural.
Outras clases traballaron o libro "O cazo de Lorenzo", un libro sobre a discapacidade: cada alumno fai o seu cazo e alí meten as súas debilidades coñecemento, identificación e superación son as fases do traballo. Mural posterior.

MES DA CIENCIA

Durante este mes programaremos actividades con experimentos nas diferentes etapas educativas, exposición de libros e visionado de vídeos sobre o tema. Exposición de retos científicos para superar...
Entre os experimentos estarán:
-Como queda un óso despois de pasar días en auga ou en cola?
-Como revivir unha mosca
-Circuítos eléctricos para coñecer as partes do corpo.

Outras manualidades como:
-Confeción dun sistema solar
-Mixtura de cores
     


 
                                                          

viernes, 16 de noviembre de 2018

FACENDO LIBROS

O alumnado de Educación Infantil confecionou un libro con forma de castaña para levar á casa e lerlle aos seus familiares e amigos.
Na biblioteca do centro quedará un exemplar para tamén poidan ser lidos por outros alumn@s.



lunes, 12 de noviembre de 2018

VOLUNTARIADO

Un grupo de voluntarios  preparou contos da biblioteca para lerlle aos máis pequenos que aínda non saben ler. Unha experiencia gratificante e sobre todo novedosa para aqueles que se estrean nesta actividade. Ao longo do curso prepararanse máis contos na Hora de Ler para continuar esta actividade de lectura (tamén nesta hora) ao alumnado de Infantil.



jueves, 1 de noviembre de 2018

SAMAÍN

E seguimos asustando ao medo.
En colaboración co EDLG do centro organizáronse xogos para celebrar esta data.
A biblioteca foi o lugar elexido para
 -Visionado de  curtas de medo.
As outras actividades tiveron lugar noutros espazos do centro:
-Sesións de photocall con escena de Samaín







-Obradoiros de calacús




-Taller de maquillaxe

-Túnel do terror

-Contacontos escenificado para os máis pequenos de
  A bruxa Patuxa

martes, 30 de octubre de 2018

CONTACONTOS

Hoxe visitounos Benxamín, un contacontos co que xa contabamos o curso pasado pero que por problemas de axenda non puido ser. Xa de esperar para este, propuxemos que viñera polo Samaín para contar contos de medo. E así foi!
Pasaron pola biblioteca en tres sesións a maior parte do alumnado do centro. Benxamín tamén é un gran debuxante e ilustrounos cada sesión cun mural debuxado no momento e no que aparecían personaxes de medo con algún alumn@ que ía metendo na historia.
As tres sesións foron distintas e adaptadas á idade dos rapaces e rapazas espectadores.
Logo deixounos os seus debuxos para colorear. Unhas actuacións de gran nivel!

 

lunes, 22 de octubre de 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe 22 de outubro celebramos este día con algunhas actividades:
-Visionado de "O neno comelibros"
-Explicación da exposición sobre a CDU ilustrada e engadida á xa existente

-Posta en marcha das Mochilas Viaxeiras

viernes, 19 de octubre de 2018

BIBLIOTECA INCLUSIVA

O material adquirido pola Biblioteca coa asignación concedida o curso pasado comeza a poñerse en práctica


 

TALLER DE TEATRO

A Biblioteca impulsa un taller de teatro de títeres que está preparando co alumnado de terceiro de Primaria: "A outra historia da  Carapuchiña Vermella"