viernes, 27 de enero de 2017

LIBROS DE PAZ

No panel expositor á entrada da biblioteca seleccionamos libros con temática pacifista e engadimos uns versos de Miguel Hernández. Este é o resultado:

viernes, 20 de enero de 2017

LIBROS DE ESCULTORES OURENSÁNS

Son solicitados libros de Arte para a elaboración do proxecto "Escultores Ourensáns" polo cal o equipo de biblioteca facilitou a mostra deles nun expositor situado na propia biblioteca:

EXPOSICIÓN DE PINTURA E ESCULTURA

Rematada a elaboración de traballos para o concurso Traballamos coas mans e coa cabeza, agora tócalle o turno á súa exposición para ledicia da comunidade educativa. Os traballos elaborados por Educación Infantil estarán no seu andel de exposicións e os elaborados por Primaria e Secundaria nunha vitrina e nun taboleiro á entrada do colexio e pegada á biblioteca:

viernes, 13 de enero de 2017

FIXEMOS XORNAIS





O alumnado de 2º de Educación Primaria xunto coas súas titoras participan nun concurso con dous xornais creados por eles. Traballaron arreo nas distintas seccións, pasárono ben, aprenderon o que é un xornal e puxeron a proba a súa creatividade e inventiva para poder gañar este certame. E aínda que non sexa así, o premio para os participantes é bastante
sustancioso: unha festa. Aí vai a mostra: