martes, 31 de octubre de 2017

SAMAÍN

A celebración do Samaín ou Halloween cada ano é máis popular. Así todas as actividades que se programan teñen moito éxito: o taller de cabazas, o taller de maquillaxe, o visionado de contos de medo na biblioteca, os xogos de medo...Este ano incluímos coa colaboración do EDLG un concurso de contos de medo (algúns deles léronse na biblioteca) e que logo formarán parte dun libro que tamén quedará na biblioteca para poder ler todos e cando se queira.








martes, 24 de octubre de 2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Celebramos este día poñendo en marcha as Mochilas Viaxeiras. Este ano viaxarán cara os fogares do alumnado de Infantil (4 mochilas), para 1º, 2º,3º e 4º de primaria (6 mochilas). Nelas irán libros nos tres idiomas (galego, castelán e inglés), un DVD, unha guía de instruccións e un caderno para que eles e as súas familias argallen xuntos e nos dean propostas de mellora.
Tamén se celebrou hoxe a primeira reunión do Club de Lectura  para alumnado e profesorado de Secundaria coa proposta de lecturas sobre A Muller.
Ademáis a Biblioteca acolleu a visita dunha representación de ex parlamentarios ourensáns que explicaron ao alumnado de 3º e 4º de ESO o funcionamento do Parlamento Galego. Deixáronnos libros e DVD como agasallo.
Decoramos a porta da nosa Biblioteca facendo visible o cartel co lema das Bibliotecas Escolares.


martes, 17 de octubre de 2017

CONCURSO

Para a celebración do Día Contra a Violencia de Xénero convocamos un concurso:

lunes, 9 de octubre de 2017

PREMIO NOBEL DE LITERATURA

Acaba de serlle concedido este premio a Kazuo Ishiguro nado en Nagasaki (Xapón) no1954. Cando tiña 5 anos a súa familia trasladouse a vivir ao Reino Unido e alí segue vivindo. Os seus comezos foron como guionista de series de  TV e algúns pequenos relatos. Tamén é coñecido porque algunha das súas obras foron levadas ao cine con grande éxito.
Fixemos mención a este acontecemento con recortes de xornais para dalo a coñecer.

jueves, 5 de octubre de 2017

GARCÍA TEIJEIRO,PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

En canto apareceu a noticia nos medios de comunicación e despois de felicitarnos polos logros da literatura en galego, buscamos nos fondos da nosa biblioteca as obras coas que contamos; e descubrimos un gran número delas. Aquí vai unha mostra:




Con elas fixemos unha exposición e un pequeno resumo da noticia: