jueves, 24 de diciembre de 2015

martes, 22 de diciembre de 2015

O APALPADOR CHEGA AO CPI ANTONIO FAILDE

O venres, 18 de decembro, os alumnos/as de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación de Primaria recibiron a visita do "Apalpador".

lunes, 7 de diciembre de 2015

CONTINUAMOS DÁNDOLLE UNHA NOVA CARA Á BIBLIOTECA

Despois da man de pintura, e elexindo esta das cores que decoran os nosos libros no seu lombo, colocamos os monicreques (elaborados xa no ano 2008 e almacenados noutro lugar) que deron vida aos personaxes de A Esmorga en varias ocasións. A figura de Blanco Amor ao seu carón simboliza un lugar especial nesta biblioteca para o autor e a obra máis universal da nosa provincia.

CHEGA A FIGURA DO APALPADOR

Para este Nadal acordamos resgatar a figura do Apalpador e a súa historia a través da biblioteca
 

miércoles, 2 de diciembre de 2015

TRABALLO: CLASIFICANDO FOLLAS

Os alumnos/as de 5º de E.P. saíron ao patio do colexio acompañados pola súa profe para coñecer as árbores que hai no mesmo. Recolleron follas de cada unha das árbores  para secalas e logo clasificalas. O outro motivo da sáida foi que aprendesen o nome das árbores e que soubesen recoñecelas polas súas follas.
Seguidamente buscaron información sobre a forma de clasificar as follas: polo peciolo, polo limbo, polo borde...


O seguinte paso foi clasificar as follas que secaran nunhas fichas dadas pola profe.

A HISPANIA ROMANA

Os alumnos e alumnas de 5º de E.P. fixeron un proxecto de investigación sobre a Hispania Romana.
Nunha primeira fase buscaron información sobre os pobos que habitaban a Península antes da chegada dos romanos. Con esta información elaboraron unha presentación de diapositivas e expuxeron o seu traballo aos alumnos/as de 6º de E.P.

A segunda fase do traballo consistiu en buscar información sobre as fases da conquista romana, a organización territorial, a sociedade hispanorromana e o legado artístico que nos deixaron os romanos.
Coa  información obtida elaboraron por grupos diferentes murais e expuxeron o seu traballo aos seus compañeiros.

IBEROS, CELTAS E POBOS COLONIZADORES

martes, 1 de diciembre de 2015

CENTENARIO DE CERVANTES

O vindeiro ano 2016 celebraremos o IV centenario da morte do escritor español máis coñecido polo mundo, Miguel de Cervantes. Pero este 2015 tamén foi o IV centenario da publicación da segunda parte  do seu libro máis universal "Don Quijote de la Mancha" Iremos adiantando actividades para compartir con todos esta data. Tamén celebraremos a adicación das Letras Galegas a Manuel María e faremos unha exposición permanente coas súas obras .

jueves, 26 de noviembre de 2015

CONTO: "A CASTAÑA CATARINA"

Os alumnos/as de 1º A (EP) realizaron un conto sobre a castaña.
Podedes velo no seguinte enlace:

miércoles, 25 de noviembre de 2015

MOCHILAS VIAXEIRAS

Empezan a sair cara as casas as primeiras mochilas viaxeiras do curso, as mochilas de Educación Infantil.
Alí levarán as ilusións dos rapaces e rapazas máis pequenos pero tamén os máis motivables. Irán e voltarán cal pombas mensaxeiras polo ceo de Coles, Vilamarín, Peroxa, Amoeiro e Ourense na procura de novos soños. Nelas levarán unha folla de instrucciós, un libro, un vídeo e un caderno para apuntar xunto aos seus pais e nais todas as sensacións que provocou a actividade.

lunes, 16 de noviembre de 2015

MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA

Para conmemorar estas datas exhibimos libros de ciencia no novo expositor exterior e tamén dentro da biblioteca.
 Programamos vídeos de ciencia nos recreos da mañá. Por certo, ben recibidos polo alumnado que disfruta así dunha oportunidade de aprender ciencia dun xeito divertido.
Repartimos chapas doutros anos atopadas nos fondos da biblioteca para este fin.

                    

                     

sábado, 7 de noviembre de 2015

AVANZANDO NA LITERATURA

                                                                                                                     
Despois da lectura vén a producción literaria. O alumnado de secundaria escribiu historias de medo sen remate para deixar paso á imaxinación de cada lector. Expostos tamén no panel expositor á entrada da biblioteca.
Tamén un poema de outono.

jueves, 29 de octubre de 2015

PROXECTO: "A castaña"

Os alumnos/as de 5º de Educación Primaria fixeron un proxecto sobre a castaña. Buscaron información sobre ela e elaboraron unha banda deseñada. Gravaron o texto coas súas voces e este é o resultado.

https://www.dropbox.com/s/gy9rda0sq1evf3q/HISTORIA%20DA%20CASTA%C3%91A.wmv?dl=0

A segunda parte deste proxecto consistiu en buscar adiviñas, poesías, locucións, ditos, refráns, relacionados coa castaña. Tamén buscaron información sobre os tipos de castañas, a culinaria da castaña, vocabulario, receitas, cal é o castiñeiro máis vello do mundo e os máis vellos de Galicia...
Con esta información realizaron uns dípticos e fixeron unha exposición dos mesmos.




SAMAÍN NA BIBLIOTECA

                                  SAMAÍN
É unha ocasión especial para saber cantos libros de medo hai na na nosa biblioteca e ofertalos como préstamo estes días de minivacacións. Decoramos  con motivos varios e levamos ás clases libros para a hora de lectura.


 

jueves, 22 de octubre de 2015

22 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS

                            22 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS
Para celebrar este día o alumnado de Primaria preparou contos para facer unha sesión de contacontos aos máis pequenos. O alumnado de Secundaria confecionou marcapáxinas cun eloxio ás bibliotecas. O profesorado encargado da biblioteca buscou frases de autores célebres sobre as mesmas.
 
 

martes, 20 de octubre de 2015

NOVO CURSO ESCOLAR


Este curso teremos moitas novidades. A primeira será acolaboración estreita co EDLG do centro, compartindo mascota (o Faildiño animará á lectura). A segunda a volta das "Mochilas viaxeiras", os clubes de lectura e tamén a creación de espazos abertos a toda a comunidade escolar... Iremos informando pouco a pouco das ideas xurdidas polo inicio de curso e a nova andadura deste novo Equipo de Biblioteca. Polo de agora fixemos os carnés ao alumnado de 1º de Primaria, así como ao alumnado e profesorado novo; refixemos as "Normas e usos da Biblioteca" , creamos chapas para os axudantes e decoramos algo o entorno.


jueves, 21 de mayo de 2015