martes, 17 de julio de 2012

Eliacer Cansino ,nesta conferencia das V Xornadas dos Clubes de lectura,transmítenos a súa paixón pola lectura.

Eliacer Cansino from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

miércoles, 11 de julio de 2012

martes, 10 de julio de 2012

Ler non é clandestino

Dende o IES Chano Piñeiro de Forcarei (Pontevedra), chéganos este vídeo no que se promociona a lectura versionando a canción de Manu Chao Clandestino.


jueves, 5 de julio de 2012

Concurso "As preguntas encadeadas"

Solución á cuarta pregunta:


Tres cantos fúnebres por Kosovo é o título da novela de Kadaré.

¡Noraboa ás gañadoras!: Sheila Méndez e Sandra Caíña.



Concurso "As preguntas encadeadas"

4ª e última pregunta:

O título dunha das novelas de Kadaré inclúe o nome dunha rexión autónoma dentro do territorio de Serbia. Cal é o título desa novela?


Concurso "As preguntas encadeadas"

Solución á terceira pregunta

Ismail Kadaré.
Contestaron correctamente Sheila Méndez e Sandra Caíña de 1º de ESO.

martes, 3 de julio de 2012

miércoles, 20 de junio de 2012

Concurso As preguntas encadeadas

3ªpregunta:
Macedonia limita ao Oeste cun país que é a patria dun prestixioso novelista actual. Este novelista acadou o Premio Príncipe de Asturias das Letras en 2009 e vive entre a capital do seu país e París. Cal é o seu nome?







Concurso As preguntas encadeadas

Solución: Macedonia.
Averiguaron a resposta: Brais Fernández Prieto de 6º de Primaria e  Sandra Caiña López e Sheila Méndez López.

sábado, 9 de junio de 2012

Letras galegas 2012

Letras galegas 2012 on PhotoPeach

lunes, 4 de junio de 2012

Concurso As preguntas encadeadas

2ª pregunta:
A cidade na que naceu o filósofo grego Aristóteles pertence hoxe a un país que acadou a súa independencia no ano 1991. Cal é o nome dese país?

Concurso As preguntas encadeadas

Solución á primeira pregunta: Aristóteles.
Averiguaron a resposta: Brais Fernández Prieto de 6º e Sandra Caiña López e Shelila Méndez López de 1º de ESO.

martes, 29 de mayo de 2012

Concurso As preguntas encadeadas

1ª pregunta:

Iniciamos o concurso enlazando coa solución a última pregunta do ano pasado: Alejandría. O fundador desta cidade foi educado por un famoso filósofo grego. Como se chamaba ese filósofo?


4º edición Concurso As preguntas encadeadas

Convocamos unha nova edición do concurso "As preguntas encadeadas". As bases son as seguintes:
1) Poderán participar todos os alumnos da ESO e os de 6º de Primaria.
2) O concurso consiste na búsqueda de información en libros que se atopan na biblioteca.
3) Os participantes deberán contestar catro preguntas.
4) Cada luns publicarase no blog Abibliodecambeo unha pregunta e tamén se exporá na entrada da biblioteca.
5) As solucións anotaranse en impresos que se atopan nabiblioteca. O prazo de entrega remata o venres de    cada semana.
6) Hai que constestar obrigatoriamente as cinco preguntas porque cada unha dá a clave para responder a seguinte.
7) Os premiados elexirán como agasallo: libros, discos ou películas.