lunes, 27 de abril de 2009

Concurso As preguntas encadeadas

1ª Pregunta:
A ONU declarou o 2009 Ano Internacional da Astronomía. Isto débese a que hai catrocentos anos un científico italiano perfeccionou o telescopio e realizou as súas primeiras observacións astronómicas. Como se chamaba este científico?
(O prazo para entregar a resposta remata o xoves 30)

jueves, 23 de abril de 2009

23 de Abril- Día do Libro

Con motivo da celebración do día do Libro farase unha exposición na biblioteca de contos e poesías feitas polos alumnos e alumnas de Primaria.Tamén terá lugar a presentación da revista da biblioteca que se chama Cole's.Cole? Coles? Cole de Coles? Cole's? ¿Un xogo de palabras? Si, si, un xogo de palabras, ou, mellor aínda, un sinfín de xogos de palabras. Cole's é unha revista que naceu na biblioteca do cole e chámase así seguramente porque vive na escola, ou polo nome do seu concello, ou quizais por ámbalas dúas cousas á vez.Ten un montón de actividades variadas que teñen algo que ver coa lectura. Por exemplo pasatempos de distintos estilos: sopas de letras, encrucillados, textos para completar, xogos de inxenio e de misterio...
Tamén propón concursos nos que podedes participar e cóntanos algunhas noticias da nosa biblioteca.
Ánimate e vén coñecela.

Cole's

CONCURSO: Logotipo da biblioteca

Necesitamos un logotipo para a biblioteca, que sirva para identificarnos nos documentos, nos cuños e no blog.
Anímate e deseña un logo que teña que ver cos libros, coas bibliotecas ou coa cultura.
Poden participar todos os alumnos da ESO e o segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria.
O prazo de presentación dos deseños remata o 31 de maio.
Os premios, neste caso, tamén consistirán en libros, discos ou películas.

CONCURSO: As preguntas encadeadas

BASES
1) Poderán participar todos os alumnos da ESO.
2) O concurso consiste na búsqueda de información en libros que se atopan na biblioteca.
3) Os participantes deberán contestar sete preguntas.
4) Cada luns publicarase no blog da biblioteca unha pregunta e tamén se exporá na porta da biblioteca.
5) Os alumnos terán ata o venres desa mesma semana para atopar a resposta. Se consiguen encontrar a solución, cubrirán un impreso que pedirán á profesora de garda, indicando a resposta e o libro onde atoparon a resposta.
6) Hai que contestar obligatoriamente as sete preguntas porque cada unha dá a clave para responder a seguinte.
7) Os premiados elexirán como agasallo: libros, discos ou películas.
8) A primeira pregunta publicarase o 27 de abril (luns).

miércoles, 22 de abril de 2009

Concursos

AS PREGUNTAS ENCADEADAS (1ª Edición)


Bases

1) Poderán participar todos os alumnos da ESO.

2)O concurso consiste na búsqueda de información en libros que se atopan na biblioteca.

3)Os participantes deberán contestar sete preguntas.

4)Cada luns publicarase no blog da biblioteca unha pregunta