viernes, 27 de febrero de 2009

As mochilas seguen viaxando


O día 6 de marzo retomamos a actividade das mochilas e maletas viaxeiras. Estas iniciaran un ano máis o seu percorrido polos fogares dos nosos alumnos/as.

Esperamos que esta actividade siga axudando ao fomento da lectura tanto nos nosos alumnos/as coma nas súas familias.

O día 5 de marzo retomamos a actividade das mochilas e maletas viaxeiras. Estas iniciaran un ano máis o seu percorrido polos fogares dos nosos alumnos/as.
Esperamos que esta actividade siga axudando a fomentar o gusto pola lectura tanto nos nosos alumnos coma nas súas familias.
Boa viaxe!

miércoles, 4 de febrero de 2009

Actividade do Proxecto Interdisciplinar



Dende o curso pasado os alumnos de 1º da ESO contan no seu currículo cunha materia, Proxecto Interdisciplinar.
Para facilitar o tránsito de primaria a secundaria, esta nova materia pretende, a partir de distintos puntos de vista, construír un coñecemento global que achegue os saberes das diferentes áreas do currículo.
Para lograr este obxectivo principal é que, ademais, os nosos alumnos sexan capaces de planificar, buscar e seleccionar información, tanto en soportes dixitais como impresos, ou comprender textos de diversa índole, imos tratar ao longo do curso o tema da AUGA, tan importante no noso entorno.
Durante a primeira avaliación centrámonos no tratamento da auga na literatura. Acudimos á biblioteca unha hora cada semana, e alí, despois de estudar o funcionamento da mesma (organización, materiais, préstamos...), os rapaces de 1º consultaron diversos libros: literarios (Rosalía de Castro, Manrique...), dicionarios de frases feitas e refráns; consultaron tamén páxinas web e seleccionaron os poemas e refráns que máis lles gustaron para posteriormente construír individualmente estes marcapáxinas.
Para os próximos trimestres seguiremos profundizando neste tema (usos domésticos da auga, o termalismo, a sequía...) e realizaremos diversas actividades (murais, enquisas...) poñendo así en relación distintas materias (lingua castelá, lingua galega e a tecnolixía, as ciencias naturais, ciencias sociais e educación física) e contribuíndo a desenvolver nos alumnos as destrezas básicas na utilización das fontes de información para adquirir novos coñecementos.

Marcapáxinas dos alumnos/as de 1º da ESO